Orbil chega cargado de agasallos ao hospital

Pontevedra
30 de marzo 2016

O lobo Orbil, mascota do Salón do Libro de Pontevedra, facía unha visita aos nenos que se atopan no Hospital Provincial de Pontevedra. O motivo desta visita estaba moi claro: entregar libros como agasallo aos máis pequenos

Responsables do equipo médico xunto a Orbil, mascota do Salón do Libro
Responsables do equipo médico xunto a Orbil, mascota do Salón do Libro / Mónica Patxot

Na mañá deste mércores 30 de marzo, os nenos do Hospital Provincial de Pontevedra recibían a visita da mascota do Salón do Libro de Pontevedra, o lobo Orbil.

A pesar de que o equipo médico e os seus responsables chegaron con atraso á presentación da mascota, a continuación estiveron con preto de 11 nenos na aula Escola da Sala de Pediatría, onde lles entregaron bolsas con libros como agasallo.

Ademais destes obsequios, tiña lugar unha sesión de contacontos realizada polos representantes do colectivo 'Polo Correo do Vento', Enrique Mauricio e Carlos Taboada, como actividade lúdica para os máis pequenos.