A Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola está a aproveitar estes últimos meses de 2020 para realizar melloras nas instalacións. Durante esta semana, a dirección anuncia o peche do segundo andar do edificio para realizar diversas intervencións nestas dependencias.
A sala afectada é a que habitualmente se realiza para préstamo de libros. O mostrador e a atención ao público desta sala realizarase durante estes días no piso inferior, na sala infantil. Aqueles materiais que se atopan nos andeis do segundo piso non se poderán levar en préstamo durante este peche.
As obras de mellora iniciáronse este martes 1 de xaneiro e, segundo as previsións da dirección, finalizarán o luns 7 de decembro.
CURSO DE MAXIA
O mago David Méndez ofrecerá un taller de maxia para adultos o vindeiro venres 11 de decembro, entre as 18.00 e as 19.30 horas no espazo de actividades da entrada da Biblioteca Pública. Será unha actividade de interactuación moi divertida e participativa.
A inscrición gratuíta previa ábrese este martes 2 de decembro a través do teléfono 886.159.249, en horario de 09.00 a 14.00 horas. O público destinado son persoas maiores de 14 anos. Os participantes están obrigados a utilizar máscara durante o desenvolvemento do curso.