Steinbeck fala de penurias materiais e éticas en 'Las uvas de la ira'. O libro que agora está a reler Pedro Simón, o xornalista e escritor que reedita 'Peligro de derrumbe' dez anos despois da súa publicación.
Esta última tamén narra esas mesmas penurias éticas e materiais; pero non as dunha familia de Oklahoma a través da Ruta 66 con destino a California, as de nove cidadáns vítimas da crise que eclosionó en 2008.
Curtido no xornalismo social, sinala no podcast 'Cara a cara' que esta primeira novela é a que máis debe á súa profesión. "Ten que ver coa mirada do reporteiro neses anos tan devastadores, insidiosos e cabróns. Case podería dicir que eran anos prepandémicos porque raro era a familia, amigos, ou alguén coñecido que non tiña alguén contaxiado/despedido, morto/que pechara o seu negocio..., foi devastador. Algunhas das historias que chegaron ao xornal están moldeadas como plastilina e anudadas a unha trama común", lembra.
Nove persoas que acoden a un mesmo lugar co mesmo obxectivo: ser o ou a escollida para unha oferta de traballo. Cada un coa súa bagaxe vital e todos "deselexidos, persoas que no seu momento estaban integradas no tecido laboral, social, familiar... e un día deixan de estalo", explica Simón.
A novela é un plano panorámico e tamén nove, ou dez, primerísimos primeiros planos destes seres humanos. Para ben e para mal. Pedro Simón explica: "así como nos procesos de depredación animal os seres morden porque teñen fame, nos procesos de depredación humana morden cando teñen medo. E ése capaz de facer moitas cousas, de traizoar, de mentir, de matar… e tamén capaz do mellor e é o que me reconcilia co ser humano".
Publicada en 2015 secuela daqueles anos previos e agora, a pé de 2025, é un contido vixente. Respecto diso, matiza que "o momento actual é diferente pero vivimos unha época de múltiples incertezas, máis que nunca: climáticas, enerxéticas, xeopolíticas, de relacionarnos, no tecnolóxico, identitarias, laborais, porque a IA está aí".
Máis perigo que entón?, "creo que estamos a un milímetro do derrube, estamos a un botón pulsado de distancia para que suceda algo. Por iso o título séguenos interpelando e segue falando de que si non tes non es. Hoxe en día con máis réplicas, porque se non ris non es, se non mostras éxito non es, se móstraste só nas redes non es, se estás tristes non es, porque nas redes é así", resposta.
E nesta tesitura presente, cal sería a fórmula de Pedro Simón para salvar ese perigo de derrube?, "a única dignidade posible é manter o mal baixo control na porta de casa. Si non podes acabar co mal, polo menos non colaborar con el" sentencia.
Con toda a vixencia de 'Peligro de derrumbre', non foi esta a causa da reedición. Explica que foi por unha demanda da comunidade de lectores que se foron sumando ao quefacer escritor de Pedro Simón tras a publicación da triloxía familiar de 'Los incomprendidos', 'Los ingratos' e 'Los siguientes'. Estaba esgotado e a editorial deu o plácet ao seu público.