Premio para tres imaxes que explican o que supón a creatividade

Pontevedra
29 de maio 2023

Reunir múltiples visións do que a creatividade supón e significa. Ese era o propósito de concurso de fotografía en liña impulsado polo Campus Crea no marco da programación da Semana da Creatividade e da Innovación

Fotografía de Nerea Fernández
Fotografía de Nerea Fernández / Universidade de Vigo

Reunir múltiples visións do que a creatividade supón e significa. Ese era o propósito de concurso de fotografía en liña impulsado polo Campus Crea no marco da programación da Semana da Creatividade e da Innovación. 

Aberto á participación de toda a cidadanía, este certame buscaba reunir en Instagram un conxunto de imaxes que permitisen reflectir a idea de creatividade no seu sentido máis amplo. 

Das diferentes fotografías publicadas nesta rede social co cancelo #creaUVigo2023 polos inscritos neste certame, o xurado decidiu outorgar o primeiro premio a unha imaxe que ten na natureza a súa principal protagonista e que foi realizada pola estudante Zeltia Patiño, que presentou unha fotografía coa que buscaba "reflectir a creatividade coa sinfonía de cores que compoñen".

A súa fotografía foi recoñecida cun primeiro premio, dotado cun vale de 200 euros para gastar en material formativo e educativo no comercio local. 

Outras dúas alumnas da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, Nerea Fernández e Cristina Pérez, foron así mesmo recoñecidas co segundo e terceiro premio.