'Sen Teito Nin Lei' continúa o ciclo dedicado a Agnès Varda no Cineclube

Pontevedra
20 de xaneiro 2020

A cita terá lugar á hora e lugar habituais: as 20.30 no Teatro Principal. A cinta proxetarase en versión orixinal en francés con subtítulos, e o prezo da entrada será de 3 euros

Fotograma de 'Sen teito nin lei', de Agnés Varda
Fotograma de 'Sen teito nin lei', de Agnés Varda

A programación de xaneiro do cineclube de Pontevedra volve este martes 21 coa proxección de 'Sen Teito nin Lei', da directora francesa Agnès Varda. Continúa deste modo o ciclo para este mes dedicado a unha das figuras máis emblemáticas da Nouvelle Vague.

A cita terá lugar á hora e lugar habituais: as 20.30 no Teatro Principal. A cinta proxetarase en versión orixinal en francés con subtítulos, e o prezo da entrada será de 3 euros.

'Sen Teito Nin Lei' cóntanos a historia de Mona, unha vagabunda sen hogar que é atopada morta un frío día de inverno. Varda abre a partir de aquí unha dobre narrativa: unha na que explota cun enfoque cinematográfico os eventos da vida de Mona que a levan ata o seu aciago final, e outra cun enfoque documental na que as persoas que se iban atopando no seu camiño comparten as súas impresións sobre ela.

Trátase dun relato fragmentado, no que os feitos e as impresións confróntanse. É ademáis unha das primeiras cintas da lonxeva carreira de Sandrine Bonnaire, que da vida á protagonista e cuxa interpretación foi premiada co Premio César da academia de cinema francés.

Ficha
Título: Sen Teito Nin Lei

Dir.: Agnès Varda
Ano: 1985
País: Francia
Duración: 105 min.
Idioma: Francés