Sete Falares encara a súa recta final

Pontevedra
26 de xuño 2021

O festival internacional de narradores, organizado por Pavís Pavós, afronta esta fin de semana a súa dúas últimas xornadas 

Penúltima xornada do festival Sete Falares
Penúltima xornada do festival Sete Falares / Cristina Saiz

Esquecido xa o seu comezo baixo teito pola choiva, Sete Falares afronta esta fin de semana a súas dúas últimas xornadas cunha intensa programación.

O festival internacional de narradores, organizado por Pavís Pavós, contaba este sábado coa proposta familiar de Eugenia Manzanera pola mañá e despois coas historias de Soledad Felloza e Antonio Fontinha, todo iso na Alameda. Para pechar a xornada, na Praza da Pedreira programouse a actuación de Miguel Horta, Eugenia Manzanera e Martha Escudero.

Así se chega á última xornada de Sete Falares, este domingo 27 de xuño, na que están previstas varias actuacións. Por unha banda Martha Escudeiro saltará á palestra na Alameda ás 13.30 horas.

Despois, xa a última hora, chegará o broche final na Praza da Pedreira cunha gala de clausura (21.00 horas) na que estarán Eugenia Manzanera, Soledad Felloza, Antonio Fontinha, Miguel Horta e Martha Escudeio.

Desa forma poñerase fin a 10 días de historias a cargo dalgunhas das estrelas da narración oral galega pero tamén de España, Portugal e México.