Vilagarcía prepárase para a celebración das festas de Santa Rita, que terán lugar na vila desde o sábado 18 ata o mércores 22 de maio.
Os encargados de dar o pistoletazo de saída ás festas serán os vallisoletanos Siloé, que protagonizarán un concerto gratuíto a partir das 23:00 horas no parque da Xunqueira.
A banda está liderada polo vocalista e cantautor Fito Robles, ao que acompañan o guitarrista e produtor Xavi Road e o batería Jaco Betanzos. Dende a súa creación, o grupo foi evolucionando e mesturando a canción de autor folk e o pop/rock coa electrónica máis bailable con temas como "La verdad" (2016), "La luz" (2018), "Metrópoli" (2020) e "Paradiso" (2021).
Nalgúns dos seus traballos contaron coa colaboración de artistas convidados da talla de Miss Caffeina, Belén Aguilera, Varry Brava, Dani Fernández e Delaporte, entre outros. Agora, os tres compoñentes de Siloé están inmersos na súa xira máis ambiciosa e que aterrará en Vilagarcía.
Nesta nova etapa están a presentar o que é "o disco das súas vidas". Trátase de 'Santa Trinidad', un album cargado de himnos instantáneos destinados a ser coreados en grandes recintos como "Todos los besos", "Sangre en las venas" ou "Esa estrella".
Segundo explicou o Concello de Vilagarcía, o conxunto de actividades que formarán parte das festas de Santa Rita 2024 serán presentadas nas vindeiras xornadas.