"Te invito a un mojito", un relato en primeira persona sobre o cáncro de mama, en Marín

Marín
22 de abril 2022

O Museo Torres acolle este sábado ás 12 horas a presentación deste libro escrito por Mabel Lozano e Paka Díaz

Mabel Lozano, directa e guionista de cinema social en PontevedraViva Radio
Mabel Lozano, directa e guionista de cinema social en PontevedraViva Radio / Mónica Patxot

O Museo Manuel Torres acolle este sábado, dentro das actividades programadas polo Concello para conmemorar o Día do Libro, a presentación de “Te invito a un mojito”, un relato en primeira persoa sobre o cancro de mama ao que nos convidan a cineasta Mabel Lozano e a xornalista Paka Díaz.

Será ás 12.00 horas no salón do Museo e contará coa presenza de Paka que, lonxe de victimizarse e cun sentido do humor que non deixa títere con cabeza, trasladará unha historia humana, fresca e útil que compartiu con Mabel Lozano.

No libro, ambas as mulleres repasan como se enteraron do padecemento desta enfermidade e como se enfrentaron a ela, utilizando palabras que rebosan resiliencia, forza e enerxía feminista.

Conta con dez capítulos que se completan cunha guía práctica na que se recollen recomendacións e advertencias moi útiles, relacionadas con temáticas tan heteroxéneas como que pasa coa libido cando se ten cancro de mama ou cales con as cremas máis recomendables para a pel durante o tratamento.