Unha exposición pensada para ser tocada

Pontevedra
18 de xuño 2017

A Casa das Campás acolle o Proxecto Táctil, unha exposición comisariada pola decana, Silvia García, para a que foron seleccionadas as creacións de dez alumnas "pola súa especial condición táctil de texturas e procedementos"

Exposición do Proxecto Táctil
Exposición do Proxecto Táctil / Mónica Patxot

Tomando o relevo de Tactilicia, o proxecto impulsado hai dous anos desde a delegación de alumnado que convidaba aos estudantes a crear obras para persoas invidentes, obras que fosen percibidas a través do tacto, a Casa das Campás acolle o Proxecto Táctil, unha exposición comisariada pola decana, Silvia García, para a que foron seleccionadas as creacións de dez alumnas "pola súa especial condición táctil de texturas e procedementos". 

A exposición permanecerá na sede da Vicerreitoría ata o 23 de xuño.

Este percorrido, como salientou García, "vai axudar a un dos obxectivos" dunha exposición que conta tamén coa colaboración do Centro de Recursos Educativos (CRE) da ONCE, "concienciar sobre a discapacidade visual" e contribuír así "a que as novas xeracións teñan conciencias barreiras arquitectónicas e de como na nosa vida diaria non pensamos nas persoas que teñen algún tipo de discapacidade". 

As obras acompáñanse de cartelas e dunha folla de sala en braille e os visitantes sen problemas de visión dispoñen dun anteface para percorrela.