Vilaboa celebrará o seu terceiro encontro de Entroidos Tradicionais

Vilaboa
27 de xuño 2019

Nesta ocasión na explanada de Riomaior se darán cita os entroidos tradicionais de Samede (Paderne - A Coruña), o Antruejo de Carrizo de la Rivera (León) e as Pantallas de Xinzo de Limia (Ourense)

Presentación dos Entroidos Tradicionais de Vilaboa
Presentación dos Entroidos Tradicionais de Vilaboa / Concello de Vilaboa

Vilaboa celebrará este sábado día 29 de xuño, ás 19.00 horas, o seu terceiro encontro de Entroidos Tradicionais.

Nesta ocasión na explanada de Riomaior se darán cita os entroidos tradicionais de Samede (Paderne - A Coruña), o Antruejo de Carrizo de la Rivera (León) e as Pantallas de Xinzo de Limia (Ourense).

Ademáis tamén estarán presentes as Madamas e Galáns de Cobres e as Veteranas do Entroido de Cobres.

Posteriormente ao desfile dos entroidos, o público asistente poderá disfrutar dos sons tradicionais a cargo das Bandas O Son da Pedra de Salcedo, Os Catro Ventos de A Lama e do grupo local Aires de Cobres.

A partires das 17:00 horas haberá inchables de balde para a rapazada, e a continuación romería popular amenizada polo grupo Airiños da Fracha ademáis de contar con postos de pulpo e churrasco para poder cear.

E para pechar a noite amenizará a velada unha pinchada de DJ Skandal.