Con motivo do Día das Letras Galegas, a Asociación Pésdebarro vai levar a danza á rúa cunha exhibición participativa coa intención de que poida intervir nela todo aquel que o desexe.
Para poder formar parte desta actividade, a asociación indica que non é preciso contar cunha idade determinada nin tampouco preparación no mundo do baile nin da danza tradicional. O obxectivo que busca Pésdebarro é que familias e amigos se divirtan e aprendan nocións básicas sobre os movementos corporais e revitalizar as danzas tradicionais máis participativas.
Durante esta proposta bailaranse diferentes danzas galegas e portuguesas grupales que, ao mesmo tempo, serán explicadas dunha forma sinxela para que todos poidan aprendelas.
A exhibición está dirixida a todo tipo de público e é gratuíta. Desenvolverase o mércores 15 a partir das 21 horas na Praza da Peixería en Vilagarcía de Arousa.