400 deportistas participan no tríatlon homenaxe a Gómez Noya

Pontevedra
29 de outubro 2017

O pentacampeón do Mundo de tríatlon ITU foi o gran protagonista este domingo nunha proba popular celebrada en Pontevedra organizada por un dos seus patrocinadores

Tríatlon popular homenaxe a Javi Gómez Noya Diego Torrado

Javier Gómez Noya foi o gran protagonista durante a mañá do domingo do tríatlon popular celebrado a beiras do Lérez, en Pontevedra.

A proba supuxo unha homenaxe á figura do pentacampión do Mundo ITU de tríatlon, baixo a organización dun dos seus patrocinadores.

Ata 400 deportistas participaron no evento, tomando a saída nunha das tres disciplinas do tríatlon.

Gómez Noya compartiu carreira en cada un dos sectores cos diferentes deportistas afeccionados, completando 1.500 metros de natación, 18 quilómetros de ciclosmo 8,6 quilómetros de carreira a pé.