A elite do billar galego competirá en Pontevedra esta fin de semana

Pontevedra
14 de febreiro 2023

Máis de 40 xogadores de billar participarán na segunda edición do Open Cidade de Pontevedra, organizado polo Pool Pontevedra Billiard Clubspanhelvetica>

Presentación do II Open Cidade de Pontevedra Bola 9
Presentación do II Open Cidade de Pontevedra Bola 9 / Isaac Cabanelas
Esta fin de semana celebrarase en Pontevedra a II Edición do Open Cidade de Pontevedra Bola 9, en colaboración coa concellería de Deportes. Reunirá a máis de 40 xogadores de billar, 16 máis que a edición anterior. 

A competición estructurarase en tres quendas ou 'grillas' e, de cada un, se clasificarán catro para unha final de 12 xogadores. Terá lugar entre o 17 e o 19 de febreiro nas instalacións do Pool Pontevedra Billiard Club, organizador do torneo, e todos os enfrontamentos serán retransmitidos en directo a través da súa canle de Youtube e tamén na plataforma online de Cuescore.

Trátase dun torneo de carácter internacional, pois nel participarán tamén xogadores de Portugal, e contará con figuras de gran nivel e recoñecemento dentro desta disciplina como Estrella Fazanes, campioa de España en cinco ocasións que retoma a súa actividade no billar logo dun tempo inactiva.

Tino Fernández, concelleiro de deportes, asegurou na presentación do Open celebrada este martes que "o billar é un deporte que axuda a empatizar" e insistiu en que "queremos ser unha cidade referente" en todo o que estea relacionado con solicializar e pasalo ben. Ademáis fixo fincapé en que "resultou un éxito a edición do ano pasado" polo que se espera o mesmo ou máis desta.

Por outra parte, Jesús Portela, secretario do clube organizador, explicou que "Pontevedra es una de las ciudades con mayor número de licencias en billar" e aínda que os seus xogadores non estean tan recoñecidos existe un alto nivel.