O Poio Pescamar pechou a súa primeira fichaxe para a próxima tempada.
Trátase da gardameta Lucía Paz, procedente do Comarcal A Fervenza da Segunda División aínda que na última campaña compaxinaba este posto co de terceira porteira do Burela grazas a un acordo de filialidade entre clubs.
A xove ferrolá, de 18 anos, é ademais internacional sub-19 coa Selección Española, e agora en Poio terá agora a oportunidade de compartir portería coa internacional absoluta Caridad García cubrindo o baleirou deixado pola saída de Silvia Aguete.
Lucía debutou na Segunda División en 2017 con só 15 anos.
Trátase da sexta xogadora confirmada para o novo proxecto conserveiro, xunto á citada Caridad, Irene, Dani Sousa, Luci e Ana Rivera.