A segunda edición do Dúatlon de Poio, todo un éxito

Poio
23 de febreiro 2020

Case 150 deportistas das categorías cadete, júnior, sub 23, e veterana, percorreron os 29 quilómetros de distancia acondicionados en Lourido e Campelo para a disputa da actividade organizada polo Club Ciclismo Tríatlon Poio e a Federación Galega de Tríatlon

Ao redor de 150 participantes na segunda edición do Duatlón de Poio
Ao redor de 150 participantes na segunda edición do Duatlón de Poio / Diego Torrado

Éxito de participación na segunda edición do Dúatlon de Poio celebrado durante a mañá deste domingo.

Coa resaca do sábado de entroido, case 150 deportistas das categorías cadete, júnior, sub 23, e veterana, percorreron os 29 quilómetros de distancia acondicionados en Lourido e Campelo para a disputa da actividade organizada polo Club Tríatlon Motobike Poio Galaico e a Federación Galega de Tríatlon.

A primeira proba comezou ás 11:30 horas coa carreira feminina e a continuación, ao redor das 13:00 horas, foi a quenda da masculina.

Os vencedores absolutos foron Elena Míguens (Club Olímpico de Vera) e David Vidal (Licenza 1 Día).

A competición, que tiña carácter clasificatorio para o campionato galego, desenvolveuse en 'sprint', comezando con 5 quilómetros de carreira a pé, 21,4 quilómetros en bicicleta e, por último, 2,5 de de novo, de carreira a pé.

Consulta a clasificación do a II edición do Dúatlon de Poio na seguinte ligazón.