Adrián Sieiro, pase directo á final do Europeo

Pontevedra
18 de agosto 2022

Nunha grande estrea no Campionato de Europa, o padexeiro pontevedrés e o seu compañeiro no C-2 500 metros foron os máis rápidos da súa serie clasificándose de maneira directa para a final do próximo domingo 21, na que loitará polas medallas

Joan Antoni Moreno e Adrián Sieiro, no Campionato de Europa Sprint en Munich
Joan Antoni Moreno e Adrián Sieiro, no Campionato de Europa Sprint en Munich / Club Piragüismo Poio Pescamar

Grande estrea para o piragüismo pontevedrés no Campionato de Europa Sprint que se celebra en Munich, Alemaña.

O primeiro dos representantes da armada pontevedresa en entrar en competición, Adrián Sieiro (Piragüismo Poio Pescamar), fíxoo cun resultado inmellorable para lograr o pase directo ás finais do próximo domingo 21 de agosto.

Sieiro e o seu compañeiro no C-2 500 metros, o balear Joan Antoni Moreno, foron os máis rápidos da súa semifinal cun tempo de 1:46.572 gañándose un posto na loita polas medallas.

Superaron á tripulación húngara e á italiana deixando boas sensacións.

O Europeo Sprint continuará este venres co resto de eliminatorias, nas que estará presente Antía Jácome (EP Ciudad de Pontevedra) no C-1 e C-2 200 metros.