Ángel López cólgase unha medalla de prata no Open Internacional Comunidad de Madrid de taekwondo

Pontevedra
05 de xuño 2013

O xoven deportista do Mace Sport de Pontevedra proclamouse subcampión na novidosa modalidade de freestyle, oficial dende o pasado mes de abril

O xoven deportista do Mace Sport Pontevedra, Ángel López, colgouse a medalla de prata no recentemente celebrado Open Internacional Comunidad de Madrid Embajador Corea de taekwondo.

Ángel concluíu en segunda posición na modalidade de freestyle, unha disciplina que se caba de estrear como oficial no pasado Campionato de España celebrado en Oropesa del Mar o pasado mes de abril, onde o taekwondista pontevedrés logrou dúas medallas de bronce.

O freestyle consiste en realizar un exercicio de estilo libre no que se combina 'pumse' con acrobacias e aspectos de combate acompañados de música.