Apertado triunfo do Sanxenxo ante o Mondariz (2-1)

Sanxenxo
24 de marzo 2014

Os amarelos remontan e rematan vencendo cun gol in extremis para facerse aínda máis líderes da Rexional Preferente

Sufrindo, cun triunfo máis que traballado e in extremis, o Xunventú Sanxenxo consolídase na primeira praza do Grupo Sur da Rexional Preferente.

Os amarelos tiveron que remontar na casa ante un serio Mondariz, que se adiantou á media hora por medio de Noel.

Xa na segunda parte Nel fixo o empate, e cando xa parecía que o 1-1 sería definitivo, Cuchi, no último minuto, apareceu para dar tres valiosos puntos aos de ÿscar García.

Con este resultado, unido á derrota do Ribadumia, o Sanxenxo amplía a súa vantaxe á fronte da clasificación, con seis puntos máis que o segundo clasificado.

XUVENTÿ SANXENXO (2): Jose, Minso, Fon (Diego Blanco, min.61), Deivi (Pablo, min.70), Tinaia, Javi, Hugo, Aguín (Roberto, min.52), Cuchi, Nel, Cerqueiras.

MONDARIZ CF (1): Márquez, Jonás, Alfaya, Hugo Gómez (Puentes, min.70), Mario (Estévez, min.87), Xermán, Ángel, Faro, Isaac, Noel, Docampo.

Árbitro: Fernández Lodeiro (Santiago). Amoestou aos locais Aguín, Javi, Nel e Cuchi e aos visitantes Xermán, Hugo Gómez, Faro, Puentes, Ángel e Isaac. Expulsou por dobre cartón a Noel (min.70) no Mondariz.

Goles: 0-1 Noel, min.31; 1-1 Nel, min.67; 2-1 Cuchi, min.89.

Incidencias: Partido disputado no campo de Baltar de Arriba.