Apertura de inscricións para a terceira edición da Volta a nado Illa de Tambo

Poio
14 de marzo 2024
Actualizado: 30 de setembro

As inscricións para as tres distancias previstas poderán formalizarse a partir deste venres 15 de marzo

I edición da Volta a nado Illa de Tambo-Concello de Poio
I edición da Volta a nado Illa de Tambo-Concello de Poio / Concello de Poio

A terceira edición da Volta a nado Illa de Tambo-Concello de Poio inicia a súa conta atrás coa apertura de inscricións este venres 15 de marzo.

Os deportistas interesados en anotarse poderán facelo a partir das 10.00 horas na páxina web www.championchipnorte.com.

A travesía a nado celebrarase o domingo día 28 de xullo, coa posibilidade de completar 6 quilómetros, 4,5 quilómetros ou unha opción curta de tan só 1 quilómetro.

Tanto a saída como a chegada estará situada na Praza da Chousa de Combarro.

O obxectivo da organización é poder contar na proba con máis de 300 nadadores nacionais e estranxeiros, consolidándose como un dos granes eventos deportivos do ano en Poio.

A Volta a nado Illa de Tambo está organizada polo Concello de Poio e a empresa Atlantic Extreme Sports.