As praias de Baltar e Lourido prepáranse para o 'Verán Deportivo'

Poio
09 de xullo 2022

As praias de Baltar e Lourido acollerán durante este mes de xullo o habitual 'Verán Deportivo', impulsado pola Deputación de Pontevedra e que consiste na posta en marcha de probas deportivas en varios concellos das Rías Baixas, co obxectivo de difundir e fomentar hábitos saudables ao longo do verán

Presentación do verán deportivo en Sanxenxo
Presentación do verán deportivo en Sanxenxo /

As praias de Baltar e Lourido acollerán durante este mes de xullo o habitual 'Verán Deportivo', impulsado pola Deputación de Pontevedra e que consiste na posta en marcha de probas deportivas en varios concellos das Rías Baixas, co obxectivo de difundir e fomentar hábitos saudables ao longo do verán.

A presentación das probas foron presentadas en Sanxenxo polo concelleiro de Deportes, Daniel Arosa, acompañado dos organizadores do 'Verán Deportivo', Guillermo Janeiro, e Santiago Iribarren, mentres que en Poio a presentación levárona a cabo no areal de Lourido o alcalde Luciano Sobral, a edil Raquel Rodríguez e o deputado de Deportes, Gorka Gómez.

No caso do areal de Sanxenxo, o Concello poñerá catro pistas na parte do areal, onde están programados ata oito eventos diferentes de voley praia, futvolei, tenis praia e torneos infantís.

A actividade comezará leste mesmo sábado 9 de xullo con volei praia federado en categorías masculina e feminina e o domingo con vóley praia amateur.

O vindeiro domingo día 17 será a quenda de futvolei para nenos en categorías de prata e bronce. O día 23 a xornada tamén estará dedicada aos nenos cun torneo de fútbol das categoría sub 10 e sub 12.

O 30 de xullo a praia de Baltar acollerá o Beach Sports Kids Tour Volei nas categorías sub15 e sub17 e o 14 de agosto vóley 3 por 3 categoría mixta. O deporte continuará o 20 e 21 de agosto con tenis praia.

Pola súa banda, a praia de Lourido será sede do 'Verán Deportivo' o 14 de agosto.

As persoas interesadas en participar nas actividades deberán inscribirse a través da web www.verandeportivo.com ou www.organicia.com.