O Concello de Caldas de Reis dálle unha volta á súa oferta para a conciliación das familias do municipio.
Este verno estreará unha Escola Deportiva de Verán, unha nova proposta municipal que substitúe os talleres estivais realizados en anos anteriores.
Búscase ofrecer unha opción máis variada e con "prezo bonificado", explicou o tenente de alcalde, Manuel Fariña.
A actividade desenvolverase entre o 2 e o 31 de xullo, de luns a venres en horario de 9.00 a 14.00 horas e dirixido a nenas e nenos nados entre os anos 2010 e 2015.
A Escola Deportiva de Verán incluirá deportes como baloncesto, voleibol, tenis, tenis de mesa, pádel, balonmán, bádminton, fútbol sala, xogos tradicionais e deportes alternativos.
Ademais contará con actividades acuáticas, incluíndo o uso da piscina municipal, e saídas ao Botánico á Fervenza de Segade.
"Estamos ante unha proposta moi completa e o prezo para as familias é moi contido, xa que cada praza está bonificada polo Concello con arredor de 30 euros por participante. Isto significa que o goberno local non chega a cubrir os gastos reais do servizo, pero entendemos que é unha medida necesaria para apoiar ás familias e facilitar a conciliación durante o verán", explicou Fariña.
Contará con 60 prazas dispoñibles e un custo de incripción de 100 euros, puediendo formalizarse entre este luns 8 e o día 19 de xuño, con prioridade para os nenos empadroados en Caldas de Reis.
As persoas interesadas poden formalizar a súa solicitude a través dá Sede Electrónica do Concello ou de maneira presencial nas oficinas do Departamento de Cultura, Turismo, Deportes e Saúde (Rúa Laureano Salgado, 10).
Tamén se pode solicitar máis información no teléfono 886 157 504 ou no correo electrónico [email protected].