Campelo bota a correr coa 35 edición do Maratón de Fátima

Poio
11 de maio 2024

Campelo celebrou un ano máis o seu tradicional Maratón de Fátima, que nesta ocasión chegou á súa 35 edición e superou os 300 rexistrados en todas as categorías

35 edición do Maratón de Fátima, en Campelo
35 edición do Maratón de Fátima, en Campelo / Cristina Saiz

Campelo celebrou un ano máis o seu tradicional Maratón de Fátima, que nesta ocasión chegou á súa 35 edición e superou os 300 rexistrados en todas as categorías.

A actividade arrancou ás 17:00 horas na Praza da Granxa coas probas dos máis pequenos, mentres que a absoluta, de 7 quilómetros, deu o pistoletazo de saída ás 18:00 horas.

A xornada espertou gran interese entre deportistas e veciños, que gozaron dunha tarde de sol, diversión e moito deporte.

Ismael Lago, cun tempo de 25:01, e Merchi Paz, con 32:44 foron os gañadores da carreira de 7 quilómetros.

O podio masculino completárono Anxo Otero (25:06) e Francisco Varela (26:01), e o feminino Sabela Martínez (32:52) e María Aurora González (33:29).