O Medio Maratón Entre Rías conta xa os días para vivir a que será a súa segunda edición.
Está prevista para o próximo 18 de maio cunha carreira entre O Grove e Sanxenxo, que aspira a consolidarse no calendario atlético como unha cita de referencia.
Para logralo, ademais da parte propiamente organizativa, o Medio Martón Entre Rías contará este ano cun padriño de excepción, coa intención de darlle maior visibilidade ao evento.
Trátase de Chema Martínez, atleta olímpico, subcampión europeo de maratón e campión continental de 10.000 metros e que pasa por ser na actualidade un dos 'influencers' atléticos de referencia.
Martínez é actualmente director técnico da revista Runner's World, e ademais de ser protagonista de conferencias e retor solidarios "percorrín todo o planeta participando en carreiras de aventura e supervivencia en condicións extremas: de Costa Rica á Antártida pasando por Fuerteventura ou Perú", explica.
El será o rostro promocional da segunda edición do evento atlético, que recentemente anunciou tamén a homologación do seu percorrido por parte da Real Federación Española de Atletismo.
A saída do medio maratón darase o domingo 18 de maio ás 10.00 horas desde o porto do Grove, iniciando un percorrido que levará aos atletas ata o centro de Sanxenxo.
No caso dos deportistas anotados para distancia de 10.000 metros, partirá ás 11.30 horas desde a Ermida da Lanzada.