Claro triunfo do Arxil en Xixón na súa volta á competición (57-71)

Pontevedra
07 de xaneiro 2018

Bo inicio de ano para as verdes, que lograron na pista d  Basket Mar o seu sétimo triunfo do curso e colócanse a só dous da zona de play-off

María Lago, no partido entre Arxil e Cortegada no CGTD
María Lago, no partido entre Arxil e Cortegada no CGTD / Diego Torrado

Bo inicio de ano para o Club Baloncesto Arxil, que logrou na pista do Basket Mar de Xixón o seu sétimo triunfo do curso para colocarse a só dous da zona de play-off.

É a segunda vitoria consecutiva das verdes, que parecen recobrar as boas sensacións na liga Feminina 2.

As de Mayte Méndez dominaron de principio a fin o choque en terras asturianas, lideradas polo trío formado por Arantxa Mallou (16 puntos e 15 rebotes), Carla Fernández (15 puntos) e Cristina Díaz- Pache (14 puntos).

O choque comezou con bastante igualdade na pista pero co Arxil mandando lixeiramente no marcador ao termo do primeiro parcial (20-24). Funcionaba o ataque e só fixo falta aumentar o nivel defensivo para empezar a poñer terra polo medio, algo que fixeron nos seguintes 10 minutos para chegar ao descanso cun claro 34-48.

Tras o paso por vestiarios desapareceu a frescura ofensiva das pontevedresas, pero non así o seu bo facer en labores defensivos para conservar unha renda que se mantería estable ata o 57-71 final.

Consulta as estatísticas do Basket Mar-CB Arxil.