Pouco menos dun ano despois de anunciar oficialmente a súa retirada da competición e tras uns meses de descanso, o máximo medallista olímpico español da historia, David Cal, afronta un novo reto profesional.
O xa ex-canoísta foi nomeado embaixador oficial do Comité Olímpico Español (COE) por ser "un referente para muchos", sinalou o presidente do COE, Alejandro Blanco, nunha rolda de prensa xunto a Cal celebrado en Murcia na que tamén recoñeceu "estar orgulloso de nombrarle embajador".
O lugar escollido respondía ao segundo reto que afrontará David Cal, neste caso na Universidad Católica de Murcia (UCAM), onde se vai a dedicar a traballar cos clubs de piragüismo e nos servizos deportivos da institución académica.
"Esta Universidad me da la oportunidad de tener más opciones de futuro", explicou o canoísta pontevedrés, que ten previsto aproveitar a ocasión para retomar os seus estudos.