Dobrete das atletas sub 16 Sabela Castelo e Sabela Martínez nos 3.000 metros lisos

Pontevedra
03 de xullo 2023

A localidade alacantina da Nucía acolleu os campionatos de España na que as ateltas do San Miguel de Marín e da Sociedade Ximnástica conseguiron a medalla de ouro e de prata, respectivamente  

Sabela Martínez, atleta da Sociedad Gimnástica coa medalla de plata do nacional sub 16

Dobrete pontevedrés nos campionatos de España de atletismo celebrados en La Nucía os días 24 e 25 de xuño. As atletas do San Miguel de Marín e da Sociedade Ximnástica, Sabela Castelo e Sabela Martínez, anotáronse o primeiro e segundo posto na modalidade dos 3.000 metros lisos.

Neste campionato tamén participaron os ximnásticos Guillermo Piñeiro nos 100 valos, Anxo Filgueira en lanzamento de martelo e Paula Torres nos 1000 metros lisos.

Así mesmo, outros atletas da escuadra pontevedresa participaron tamén en campionatos nacionais e interncionales. É o caso de Anxo Simón, que representou a España no Encontro Internacional de Lanzamentos sub 20 e sub 23 celebrado en Portugal ou os sub 18 Matías Moldes e Marina Artemia Pérez, quen competiu coa selección galega no campionato de España de federacións autonómicas.