Luisito perderá polo menos durante os dous próximos meses un dos futbolistas fixos nas aliñacións titulares, Álex Fernández.
As probas ás que foi sometido este mércores o centrocampista, tras retirarse lesionado ante o Somozas con síntomas procupantes ante a posible gravidade, revelan que sofre unha rotura muscular na zona isquiotibial de cinco centímetros de longo por tres de ancho.
O diagnóstico supón un prazo de baixa de "entre seis y ocho semanas", segundo o propio xogador recoñeceu no campo de adestramento de Príncipe Felipe, onde achegouse a ver aos seus compañeiros aínda axudado de muletas.
A rotura é "importante", explica Álex, polo que deberá ir con precaución para evitar unha posible recaída. Con todo, a sensación era de certo alivio ao non existir unha lesión de xeonllo, aínda que este extremo debe descartarse definitivamente cunha nova proba.
"El traumatólogo me explicó que en el 95% de los casos en una lesión así se rompe el cruzado", comentou a PontevedraViva en relación ao temor inicial.
PABLO, DESCARTADO PARA VALLADOLID
En canto ao resto de xogadores tocados, a sopresa positiva no regreso ao traballo tras a xornada de descanso do martes foi a incorporación ao grupo de Jacobo, aínda que con reservas.
O centrocampista mantense como dúbida para o próximo partido de liga en Valladolid e a súa evolución dependerá de como se atope durante os adestramentos que restan. Pola contra o que si está descartado é Pablo, que se marca como obxectivo volver ao traballo co resto de compañeiros ao comezo da próxima semana.