O Galaico reivindícase na casa vencendo no seu II Trofeo Internacional

Pontevedra
08 de xuño 2026
Actualizado: 17:35

A competición internacional de natación celebrouse durante a fin de semana en Rías do Sur con 582 deportistas inscritos

Podio do II Trofeo Internacional Galaico Ence de Natación Club Natación Galaico

O Club Natación Galaico foi profesta na súa terra ao vencer na proba da casa, o II Trofeo Internacional Galaico-Ence de Natación.

Até 582 nadadores de 25 clubs de Galicia, Castela e León, Asturias e Portugal déronse cita durante a fin de semana en Rías do Sur na competición organizada polo propio Galaico.

Un evento que serviu de moito aos deportistas de cara ás próximas grandes competicións do calendario.

A clasificación final estivo comandada, remontada incluída na segunda xornada, polo Natación Galaico con 1.994 puntos.

Segundo foi o CN Ponteareaas (1.934 puntos) e terceiro o C.D.N. Cidade De Santiago (1.639,50 puntos).

Os pontevedreses dominaron especialmente na categoría feminina, na que sumaron 1.063,50 puntos liderando a táboa, mentres que na clasificación masculina foron terceiros (930,50 puntos).

A nivel individual o botín do Galaico foi de 30 medallas e marcas de proxección nacional.

Destacaron de feito as mínimas nacionais de Alicia Bayón Álvarez, ouro en 50 metros costas infantís cun tempo de 32.19, e de Iker Pérez García nos 50 libres establecendo unha nova marca do club (24.05 segundos).