García Pichel abandona a SD Teucro tras catro tempadas no club

Pontevedra
02 de xuño 2017

Un dos xogadores máis veteranos da SD Teucro, David García Pichel, non seguirá no club. Tras catro tempadas no equipo, abandona a disciplina teucrista. O lateral de Carballo chegou a Pontevedra no verán de 2013 procedente do Ademar León e foi un home importante nos dous ascensos á liga Asobal que viviu como xogador azul

García Pichel durante un adestramento do Teucro no Municipal
García Pichel durante un adestramento do Teucro no Municipal / Mónica Patxot

Un dos xogadores máis veteranos da SD Teucro, David García Pichel, non seguirá no club. Tras catro tempadas no equipo, abandona a disciplina teucrista.

O lateral de Carballo chegou a Pontevedra no verán de 2013 procedente do Ademar León e foi un home importante nos dous ascensos á liga Asobal que viviu como xogador azul.

Desde a SD Teucro móstranse moi agradecidos polo seu traballo e encantados por poder contar durante estas catro tempadas cun xogador como el.

"Pichel deunos moito nestes tres anos que eu levo dirixindo ao Teucro e desde logo foi un xogador importantísimo nos dous ascensos a Asobal. A súa forza e a súa potencia de lanzamento viñéronnos moi ben", explicou o adestrador, Quique Domínguez.

Esta tempada, na que Pichel arrastrou molestias físicas durante varios momentos do ano, o lateral de Carballo acabou metendo 95 goles.

O técnico pontevedrés engadiu que David García Pichel "foi un xogador exemplar no día a día e un grandísimo compañeiro para o resto dos compoñentes do equipo. As circunstancias fan que agora salga do club, pero el e eu sabemos que as portas quedan abertas de pao a pao".