O taekwondo pontevedrés pon a súa atención en Grecia.
Na súa capital, Atenas, celebrarase entre o 6 e o 8 de novembro o Campionato de Europa Cadete, todo un reto para dúas novas promesas locais.
Por unha banda representará ao Club Mat's de Marín no torneo europeo Ángela Balado, na categoría de 59 quilos.
A marinense quere pór en Grecia o broche a unha tempada na que destaca a medalla de bronce que conseguiu no Mundial Cadete celebrado en Fujairah, Emiratos Árabes.
Ademais até Atenas desprázase Nicolás Casas, deportista do Mace Sport de Pontevedra.
Campión galego e nacional esta tempada, ademais de sumar un bronce no Europeo por equipos, competirá na proba de -49 quilos tras afinar a súa posta a punto a fin de semana no Open Internacional Cidade de Pontevedra organizado polo seu propio club.
Nicolás viajrá acompañado do seu adestrador, Miguel Ángel Cortegoso.