Irún, nova cita no maratón de partidos do Teucro

Pontevedra
08 de decembro 2017

Os azuis afrontan este sábado (19:00 horas, pavillón de Artaleku) unha nova xornada da Liga Asobal na cancha dun rival directo pola permanencia, o Bidasoa, co obxectivo de manter a súa tendencia á alza na competición

Partido entre Teucro e Ciudad Encantada no Municipal
Partido entre Teucro e Ciudad Encantada no Municipal / Diego Torrado

O Condes de Albarei Teucro non quere pechar a primeira volta da competición na Liga Asobal sen vencer a domicilio, e iso pasa por gañar este sábado (19:00 horas, pavillón de Artaleku) na pista dun rival directo como o Bidasoa de Irún.

Os azuis queren manter a súa tendencia á alza e aproveitar a que se presenta, a priori, como última opción de puntuar do ano, sen renunciar a nada no choque do próximo mércores en Pontevedra ante o todopoderoso Barcelona.

Esa será en todo caso outra historia, e os pontevedreses céntranse agora no duelo ante os irundarras, que no caso de gañar faríalles chegar ao parón nunha cómoda e envexable posición na táboa, lonxe do descenso.

Sen apenas tempo para repoñerse do esforzo que supuxo o partido ante Ciudad Encantada, a expedición teucrista puxo rumbo ao País Vasco a última hora do xoves "con la intención de seguir sumando", explicou Quique Domínguez.

Para o técnico azul "Artaleku siempre difícil", pero non renuncia a nada ante un equipo que a pesar de sumar só 8 puntos ata o momento conta con "una plantilla de gran potencial. Dos jugadores por puesto, con gente de talento como Borja Lancina o Kauldi Odriozola, que siendo tan joven ya están entrando en la selección española".

O encontro en Irún será arbitrado polos asturianos Álvarez Menéndez e Friera Cavada.