Iván García queda a un segundo do ouro no Drácula Open de Bucarest

Marín
01 de novembro 2023

O taekwondista marinense do Mat's, que segue a dar pasos para recuperar o seu mellor nivel tras unha operación de xeonllo, tívose que conformar co bronce na competición internacional G-1 celebrada a fin de semana en Romanía

Iván García, no Drácula Open en Bucarest Federación Galega de Taekwondo

Despois da operación de xeonllo que tivo que superar, aos poucos Iván García vaise achegando ao seu mellor nivel, ese que o levou ser subcampión mundial en 2022.

Así o demostrou a fin de semana en Romanía, ao subir ao podio do Drácula Open de categoría internacional G-1 celebrado en Bucarest.

O deportista do Mat's rozou a medalla de ouro, e de feito quedou a só un segundo de conseguila, xa que de alcanzar a final a retirada do segundo clasificado teríalle dado directamente o triunfo.

Iván García levou finalmente coa medalla de bronce despois dun torneo que arrincou sen competir pola inconparecencia en primeira rolda do italiano Antonio D’Angelo. 

Xa en cuartos de final venceu ao holandés Bryan Zonderop en dous asaltos, chegando a unha semifinal na que lle esperaba o británico Cunningham. Foi un duelo en grao sumo apertado e que se decidiu no último segundo do terceiro asalto, cando con empate Iván foi alcanzado por Cuninngham para decidir o resultado.