Jabato aposta por "renovar a prácticamente a todo el equipo" do Cisne

Pontevedra
03 de xuño 2019

O técnico do equipo pontevedrés quere "seguir dando pasos adelante" para consolidar o club na División de Honra Prata, para o que será clave a primeira fichaxe para a próxima campaña, David Chapela. Ambos os dous compareceron este luns ante os medios de comunicación

Presentación de David Chapela e renovación de Jabato no Cisne Nacho Fuentes

O Cisne quere seguir consolidándose na División de Honra Prata do balonmán nacional e iso pasa pola continuidade.

"La línea de continuidad que nosotros queríamos nos coincide con que Javier continúe, conoce nuestra filosofía, recoñeceu este luns o presidente da entidade, Santiago Picallo, na presentación da primeira fichaxe para a próxima campaña, David Chapela, e da renovación do adestrador, Javier Fernández 'Jabato'.

O técnico asegura que manterse na segunda categoría nacional "no está siendo fácil, cada año cuesta más", pero queren "seguir dando pasos hacia delante".

Por ese motivo Jabato sinala que "la idea pasa por renovar a prácticamente a todo el equipo", á marxe dalgunha posible incorporación como a de Chapela que eleve o nivel do grupo. De feito "ya se está empezando a hablar con ellos", revelou.

No novo proxecto cineísta, o quinto consecutivo en Prata, terá moito que dicir David Chapela, que regresa ao club tras dous anos na máxima categoría co Cangas. O central pontevedrés mostrouse agradecido pola oportunidade de regresar e motivou a decisión de deixar aos veciños do Morrazo pola idea de empezar a enfocarse a un futuro laboral lonxe do balonmán. "Es la forma de seguir compaginándolo, no quiero dejar el balonmano pero quiero empezar a trabajar", explicou o xogador, e eso é algo que o Cisne lle ofrece.