Non cesan as renovacións no Peixe Galego, que está en plena fase de construción do equipo que este ano volverá competir en Liga EBA. A última peza en sumarse ao proxecto marinense é Jacobo de Benito, que cumprirá a súa cuarta tempada consecutiva na Raña.
O base ourensán, que compatibilizará a partir desta tempada funciones na base do club, foi unha das pezas crave do ascenso ao promediar 10,1 puntos por partido e unha estancia na cancha superior aos 30 minutos por encontro.
Pero o xogador non achegará só calidade ao xogo azul, tamén fará valer a súa experiencia, chegou a xogar en LEB Oro na última tempada do equipo da Raña na antesala da ACB, para poder devolver ao Peixe Galego ao lugar que merece.