Juan Quintas súmase á lista de renovados do Teucro

Pontevedra
16 de maio 2018

O pivote galego prolonga a súa vinculación co club teucrista durante dúas campañas máis, polo que seguirá en Pontevedra polo menos ata 2020. A súa é xa a cuarta renovación no primeiro equipo

Juan Quintas, no partido entre Teucro e Ademar León no Municipal
Juan Quintas, no partido entre Teucro e Ademar León no Municipal / Diego Torrado

Cuarta renovación na Sociedad Deportiva Teucro, que segue avanzando na composición do plantel que competirá de novo a próxima tempada na Liga Asobal.

Nela repetirá Juan Quintas, un dos puntais no esquema defensivo esta campaña e que encara así o seu terceiro ano en Pontevedra.

O pivote galego prolonga n súa vincluación cos azuis por dúas tempadas máis, polo que seguirá no Teucro polo menos ata o ano 2020.

Aos seus 23 anos o xogador ourensán espera seguir crecendo dentro do equipo non só en defensa, senón achegando aínda máis no apartado ofensivo, no que esta tempada colaborou con 44 goles.

Quintas únese así a unha lista de xogadores confirmados para o próximo curso na que tamén se atopan Samu Gómez, Andrés Moyano e Dani Hernández.