Luismi márcase como obxectivo "intentar hacer de Pasarón un fortín"

Pontevedra
29 de agosto 2018

Tras caer na primeira xornada de liga, o técnico do Pontevedra mira xa cara adiante e céntrase na visita ao coliseo granate dun dos principais candidatos ao ascenso de categoría, a Cultural Leonesa

Luismi, nun adestramento do Pontevedra na Xunqueira
Luismi, nun adestramento do Pontevedra na Xunqueira / Mónica Patxot

Tras o "palo" que supuxo comezar a liga perdendo a domicilio ante Unionistas, o Pontevedra pasa páxina e céntrase xa na visita a Pasarón (domingo, 19:00 horas) dun dos máximos candidatos ao ascenso, a Cultural Leonesa.

"La mejor manera de quitar esas malas sensaciones y ese malestar es ganando", asegura Luismi, que marca como obxectivo "intentar hacer de Pasarón un fortín", segundo sinalou este mércores en rolda de prensa.

O técnico granate queda con aspectos positivos da primeira xornada, como o feito de ter concedido poucas ocasións de gol, aínda que recoñece á súa vez a falta de profundidade en ataque. É un dos aspectos que tentará corrixir ante un equipo como a Cultural con "mucho talento" e "jugadores a nivel individual que pueden marcar las diferencias".

"Hay que tener mucho cuidado, es el títpico partido en el que el nivel de concentración debe ser máximo", incide o preparador granate, que seguirá sen poder contar con Pibe por lesión pero que espera ter á súa disposición ao resto do plantel.

En canto á idea de facerse forte na casa, "es algo que tenemos que conseguir desde el primer partido", defende Luismi, que fala de "marcar nuestro territorio"  e que os rivais saiban que "venir a Pasarón es pasarlo muy mal e irse de vacío".

Tras o choque ante o cadro leonés, o Pontevedra xogará fóra ante o Navalcarnero para recibir despois no seu estadio o Valladolid B o domingo 16 de setembro.