Marín distingue os seus mellores deportistas do ano 2013

Marín
28 de febreiro 2014

O Salón de Plenos do Concello de Marín acolleu este xoves a Gala do Deporte, na que se premiou entre outros á futbolista Cecilia Puga e ao atleta Jean Marie Okutu

Gala do Deporte local Marín 2013
Gala do Deporte local Marín 2013 / Diego Torrado

O Salón de Plenos do Concello de Marín acolleu este xoves a Gala do Deporte Local 2013, distinguindo os mellores deportistas e clubs do pasado ano.

Ao acto acudiron todos os premiados, entre os que destaca a futbolista do Poio FS Cecilia Puga ou o atleta Jean Marie Okutu, recentemente proclamado campión de España de lonxitude en pista cuberta.

O resto de galardoados foron: Irene Trabazo, Luis González, Luis Pazos, Miguel Santiago, Carlos Landín, a carreira popular Pinga Pinga, o Marín Peixe Galego, a escola deportiva Ancoradouro FS e a empresa Refrescos del Atlántico.