O Marín Peixegalego quedou ás portas da remontada no seu intento de acceder á fase final polo ascenso a Segunda FEB.
O conxunto dirixido por Javi Llorente, que caera no partido de ida fronte ao Val de Egüés por 78-65, gañou o partido de volta por 85-76, pero non logrou alcanzar os 13 puntos necesarios para igualar a eliminatoria.
O primeiro cuarto comezou co conxunto local a remolque, cunha diferenza de até 7 puntos (14-21) a favor do Val de Egüés, o que obrigou á o técnico local a solicitar un tempo morto. A reacción do seu equipo foi inmediata, reducindo a distancia até o 20-23 ao final do primeiro parcial.
Consciente do que había en xogo, o Peixegalego reaccionou e anotou 26 puntos fronte aos 14 do seu rival que lle mantiñan de cheo na pelexa polo billete de ascenso (46-38).
Tras o intermedio, os de Marín chegaron a alcanzase unha vantaxe de 12 puntos ao termo do terceiro cuarto, pero o Val de Egüés, con Javi Lacunza, reduciu a diferenza a 11 a falta de 23 segundos para o final.
No último cuarto, o conxunto local pelexou por aumentar a diferenza e conseguir o resultado que lle permitisen igualar a eliminatoria e, aínda que estivo preto de logralo, o seu rival aguantou e soubo recomporse para pechar o partido cun resultado de 85-76 que lle dá o pase á fase de ascenso a Segunda FEB.
Consulta as estatísticas neste enlace