Mocidade Granate organiza unha viaxe para apoiar o Pontevedra en Santander

Pontevedra
07 de outubro 2015

O colectivo de afeccionados intenta sacar adiante sen axudas unha viaxe en autobús que partirá da cidade de Lérez ás 3:00 horas do domingo regresando á finalización do choque ante o Real Racing  

Afeccionados granates no partido entre o Racing de Ferrol e o Pontevedra CF
Afeccionados granates no partido entre o Racing de Ferrol e o Pontevedra CF / Mero Barral

O Pontevedra Club de Fútbol non estará só en Santander, onde o vindeiro domingo (17:00 horas) xogará ante o Real Racing Club.

O colectivo de afeccionados Mocidade Granate propúxose organizar, sen axudas, unha viaxe en autocar para estar presentes nos Campos de Sport do Sardinero.

Os seguidores granates partirán o mesmo domingo ás 3:00 horas da madrugada para regresar unha vez terminado o encontro.

O prezo da viaxe fixouse en 26 euros por persoa, ao que hai que engadir o prezo da entrada, que será de 5 euros para infantís, 7 para xuvenís e 10 para adultos na grada escollida pola peña.

Os interesados en anotarse poden dirixirse á conta de Twitter do colectivo (@mocidadegranate) ou chamar ao teléfono 646 123 241.