Muñiz Ruiz, proposto como novo árbitro internacional FIFA

Pontevedra
26 de xuño 2023

O colexiado pontevedrés foi confirmado pola RFEF para continuar por terceira tempada consecutiva como árbitro de Primeira División

Alejandro Muñiz no quecemento dun partido da Primeira División 2021/2022
Alejandro Muñiz no quecemento dun partido da Primeira División 2021/2022

A Real Federación Española de Fútbol fixo público este luns a listaxe de árbitros e asistentes que dirixirán os partidos da próxima tempada en Primeira e Segunda División. Entre os elixidos, volve figurar o colexiado pontevedrés Alejandro Muñiz Ruiz. 

O bo facer do réferi galego ao longo das dúas últimas tempadas serviulle tamén para ser proposto polo Comité Técnico de Árbitros para ser elixido como árbitro internacional para dirixir partidos en competicións FIFA. Aínda que este ascenso debe ser referendado aínda polos organismos competentes.

Con 31 anos de idade, na última tempada Alejandro Muñiz dirixiu un total de 18 partidos sobre o céspede, que completou con outras actuacións como encargado da videoarbitraxe. Así mesmo, na última tempada tamén exerceu como cuarto árbitro en tres partidos da UEFA Europa League e en dúas da Uefa Conference League.

Esta proposta está incluída na relación de árbitros publicada pola RFEF que formarán parte do persoal de colexiados para a próxima tempada, na que debutarán tres novos xuíces: Hernández Maeso, García Verdura e Busquets Ferrer.