A arbitraxe pontevedresa estará ben representada no play-off de ascenso a Primeira RFEF que se disputará as dúas próximas semanas en Alacante.
Alí estará como colexiado principal Álvaro Juncal Moreira, membro do Comité Técnico de Árbitros (CTA) de Pontevedra, como premio ao seu labor durante a que foi a súa tempada de debut na Segunda RFEF, categoría á que ascendeu ao pasado verán.
Juncal Moreira é un dos 34 árbitros seleccionados polo CTA Nacional para a citada fase de ascenso.
Na súa primeira campaña en Segunda RFEF-Segunda B, o colexiado pontevedrés dirixiu ata a data 13 partidos de liga.
Xunto a el estará tamén en Alacante un asistente pontevedrés, Sergio Doval Gil.
A representación galega completarana ademais o árbitro vigués Javier Figueiredo Comesaña e o asistente coruñés Rubén Vázquez Penas.
O @CTARFEF ven de comunicar os árbitros que dirixirán o playoff de ascenso a @Primera_RFEF : o noso compañeiro é un dos elixidos.
(@CTA_PONTEVEDRA) May 18, 2022
Parabéns Álvaro e moita sorte! pic.twitter.com/h6lyw4gN0Y