O Arosa despediu a liga regular este domingo diante dun Viveiro salvado e sen nada en xogo, pero que lle puxo as cousas complicadas.
O cadro de Luisito, coa baixa de Cotilla por sanción, tiña en xogo a terceira praza da clasificación coa que así asegurarse xogar o partido da eliminatoria do play-off ante a UD Ourense na Lomba e só perdendo e cos ourensáns gañando produciríase o 'sorpasso' na táboa.
Con todo, o Arosa empatou a un en Viveiro e a UDO a ceros co Alondras, polo que a fase de ascenso xogarase primeiro no Couto e despois en Vilagarcía. En caso de empate unha vez finalizada a prórroga non se lanzarán penaltis e avanzará o equipo mellor clasificado en liga, é dicir, os de Luisito.
En canto ao encontro desta tarde, o conxunto arlequinado tivo que remar ao contraxeito e remontar un gol de Sergio Cora que chegou a balón parado aos 14 minutos de xogo.
O Arousa foi capaz de repoñerse aínda que con complicacións e na segunda metade logrou o gol do empate por medio dun Borja Míguez que recupera sensacións para a fase de ascenso.
Consulta a acta nesta ligazón