O Arosa inicia o curso con derrota ante o Rápido de Bouzas (2-1)

O Salnés
10 de setembro 2023

Mala estrea en liga para o Arosa, que caeu por 2-1 ante o Rápido de Bouzas por 2-1. Sylla adiantou aos seus moi pronto, pero Cellerino deu a volta ao marcador cun dobrete  

Equipo titular do Arosa
Equipo titular do Arosa / Arosa SC

Mala estrea en liga para o Arosa, que caeu por 2-1 ante o Rápido de Bouzas. Sylla adiantou aos seus moi pronto, pero Cellerino deu a volta ao marcador cun dobrete.

Púxose o partido de fronte moi pronto para os arlequinados. Sylla, aos dous minutos de xogo, foise en carreira para plantarse só ante Brais Pereiro e facer o primeiro gol da tarde.

O Arousa estaba cómodo saíndo ao contragolpe e Sylla, por partida dobre, tivo nas súas botas o segundo tanto, pero a zaga reaccionou a tempo para evitalo.

Dun posible 0-2 chegou o 1-1. Youssef disparou, Táboas non conseguiu agarrar o esférico e Cellerino, de cabeza devolveu as táboas a falta de seis minutos para o intermedio.

Xa na segunda parte, os primeiros en avisar foron os locais, cun disparo afastado de Cellerino que se foi por encima da portería arlequinada, e o Arosa replicó cun centro de Sylla ao que non chegou Rubo.

A remontantada si chegou no minuto 55. Youssef disparou e Cellerino desviouno de forma moi leve, tapando a visión a Manu Táboas, que nada puido facer para impedir o 2-1.

Luisito tentou dar a volta ao resultado cunha serie de cambios en ataque, con Brais Pedreira e Javi Pereira, pero a pesar das ocasións, o empate nunca chegou