A Sociedad Deportiva Teucro faise internacional. Tras a fichaxe do italiano Giuseppe Colasuonno, o club azul pechou á súa segunda incorporación, de novo con acento foráneo.
Trátase do brasileiro Bruno Teixeira de Castro, lateral dereito de 27 anos (1,89 metros de altura e 96 quilos de peso) que afronta a súa segunda aventura europea tras xogar os últimos meses no HIF Karlskrona sueco.
"É un xogador que nos vai a achegar tanto en ataque como en defensa. É intelixente, sabe xogar moi ben en equipo, conecta ben co pivote e fai chegar moitos balóns ao extremo. Le moi ben o xogo nas transicións e chega con moitas ganas de triunfar en Europa", explicou tras a confirmación da fichaxe o técnico teucrista, Quique Domínguez.
Natural de Sao Paulo, Bruno de Castro destacou no EC Pinheiros do seu país, co que foi campión Panamericano antes de poñer rumbo o novembro pasado a Suecia.
O lateral zurdo comprometeuse co club azul por unha tempada con opción a outra.
É o segundo xogador foráneo confirmado polo momento nas filas do Teucro, que segue tentado pechar ademais a incorporación do lateral cubano Yoan Baláquez nunha operación que a pesar de estar próxima segue sen croncretarse.