O Campionato do Mundo de Endurance desembarca en Sanxenxo

Sanxenxo
24 de abril 2024

A motonáutica será protagonista os próximos días en Sanxenxo, que acolle este sábado 27 e domingo 28 de abril a primeira das tres probas do Campionato do Mundo de Endurance Class B

Presentación do Campionato do Mundo de Endurance Class B
Presentación do Campionato do Mundo de Endurance Class B / Xunta de Galicia

A motonáutica será protagonista os próximos días en Sanxenxo, que acolle o sábado 27 e o domingo 28 de abril a primeira das tres probas do Campionato do Mundo de Endurance Class B.

A cita, organizada pola Real Federación Española de Motonáutica e a Real Federación Galega de Motonáutica xunto al Real Club Náutico de Sanxenxo, foi presentada oficialmente este mércores.

Esta competición internacional terá continuidade en próximas datas en Bélxica e Reino Unido.

En canto á proba de Sanxenxo, contará cun total de 18 equipos participantes, a metade deles españois e con dobre representación galega. Ademais na ría comparecerán embarcacións de Bélxica, Kuwait, Reino Unido e Malta.

Serán tres as tres categorías en competición (Promotion 150, Boat Production, Class Sport 450), con dúas mangas previstas de entre 60 e 75 quilómetros cada unha.