O CD Pinarium celebra ao grande o final do seu campus de tríatlon

Marín
08 de agosto 2021

Tras unha semana chea de atletismo, ciclismo e natación, a segunda edición do Campus de Tríatlon CD Pinarium concluíu cun mini tríatlon e a presenza da triatleta internacional Joselyn Brea Abreu

Segunda edición do campus de triatlón CD Pinarium
Segunda edición do campus de triatlón CD Pinarium / CD Pinarium

Tras unha semana chea de atletismo, ciclismo e natación, a segunda edición do Campus de Tríatlon CD Pinarium concluíu cun mini tríatlon e a presenza da triatleta internacional Joselyn Brea Abreu.

A Praia de Portocelo de Marín acolleu esta cita na que a deportista contou a súa experiencia tanto no mundo do dúatlon, onde foi campioa do mundo Junior e bronce nos campionatos de Europa de dúatlon elite, como no mundo do atletismo onde loitará por sacar praza para os Xogos Olímpicos de París 2024.

A campioa, que ademais ten a mellor marca de Venezuela nun 10.000 en roteiro, estivo asinando autógrafos e fotografías para todos os participantes no campus.

Finalmente, o club preparou unha merenda para repoñer forzas e repartiu diplomas a todos os participantes.