O Celta homenaxea aos piragüistas pontevedreses de maratón

Pontevedra
22 de novembro 2017

O pontevedrés Óscar Graña, o grovense Tono Campos e o arousán Ramón Ferro serán algúns dos deportistas que recibirán unha pequena homenaxe do club vigués en Balaidos no encontro de Primeira División do próximo venres ante o Leganés

Óscar Graña e Ramón Ferro no Mundial de Brandemburgo
Óscar Graña e Ramón Ferro no Mundial de Brandemburgo / Kayak Tudense

O piragüismo maratón é unha canteira inesgotable de éxitos e de medallas para o deporte pontevedrés, como cada tempada encárganse de desmotrar os padexeiros da provincia en campionatos nacionais, europeos e mundiais.

Ese mérito quíxoo recoñecer o Real Club Celta de Vigo cunha homenaxe no próximo encontro de Primeira División no Estadio Municipal de Balaídos, o venres 24 de novembro ante o Leganés (21:00 horas).

Antes do choque varios deportistas recibirán o recoñecemento do club e dos seus afeccionados.

Entre os homenaxeados atópanse o pontevedrés Óscar Graña e o arousán Ramón Ferro, prata en setembro en Sudáfrica na que supuxo a súa duodécima medalla mundialista, e tamén o grovense Tono Campos xunto ao tudense José Manuel Sánchez, actuais campións europeos. Manuel Garrido (Kayak Tudense) completa a nómina de deportistas que saltarán o venres ao céspede de Balaídos.