O Cisne xogará a final da Supercopa Galicia contra o Cangas tras derrotar o Novás

Pontevedra
04 de setembro 2021

Víronse as caras na última Liga Asobal e volverán a facelo este domingo na final da Supercopa Galicia. O Cisne e o Cangas son os dous equipos que loitarán polo título autonómico, tras derrotar o Acanor Novás e o Lalín, respectivamente

Partido entre o Cisne e o Novás na Supercopa Galicia
Partido entre o Cisne e o Novás na Supercopa Galicia / Federación Galega de Balonmán

Víronse as caras na última Liga Asobal e volverán a facelo este domingo na final da Supercopa Galicia. O Cisne e o Cangas son os dous equipos que loitarán polo título autonómico, tras derrotar o Acanor Novás e o Lalín, respectivamente.

Para o Cisne non foi unha semifinal doada. Aínda que o Novás afrontaba o partido con importantes baixas, estivo moi concentrado no partido, que chegou ao descanso con empate a 16 goles no marcador.

Na segunda metade, parecía que os de Pontevedra lograban poñer distancia cos seus rivais, pero estes volveron a reaccionar e chegaron con opcións á vitoria ao tramo final do partido.

Con todo, nos minutos finais o Cisne reaccionou que pechou o triunfo sen sufrimento. O resultado final, 32-30 ao seu favor.

Antes da final, que se disputará ás sete da tarde no Pavillón do Gatañal, en Cangas, a Federación Galega de Balonmán renderá unha sentida homenaxe ao adestrador Fran Teixeira, recentemente falecido.