O Marcón Atlético suma a súa terceira derrota no que vai de liga en Preferente ante un Beluso que gaña unha vantaxe dun punto na clasificación sobre os de Borja Burgos.
Pola súa banda, o cadro budetense gañou, nesta ocasión, por segunda vez como visitante. Tres tantos de man de Julio Lorenzo, Ignacio Soage e Abraham Bermúdez foron os que lle deron aos de Beluso os tres puntos e o décimo primeiro posto da táboa.
O primeiro gol non tardou en chegar en O Carrasco, xa que Julio Lorenzo anotou na portería de Manuel Soto no primeiro minuto de xogo. Desta forma, os do Morrazo fóronse ao descanso coa vantaxe dun gol no marcador (0-1).
O segundo foi marcado por Ignacio Soage no 9' da segunda parte, poñendo o 0-2 no luminoso. Finalmente, o 0-3 chegou no 66' cunha acción de Bermúdez fronte á portería local.
Consulta a acta do Marcon-Beluso.
O Amanecer, que ocupa o sexto posto da clasificación con 11 puntos, continúa coa vantaxe dun punto sobre o Mondariz despois do choque entre ambos en Lampáns que terminou en táboas.
O primeiro en anotar foi o conxunto visitante de man de Víctor González no 33' da primeira parte. Parecía que ían ser os tres puntos para os de Mondariz, ata que no 31' do segundo tempo Augusto García marcou o gol do empate na portería de Raúl Gil.
Consulta a acta do Amanecer-Mondariz.
O Juventud Cambados colócase a un punto por baixo do Pontellas ao gañar na casa cun 3-1 no marcador final.
Foi o conxunto visitante o primeiro en sumar durante o encontro, cunha xogada de Javier Alonso no 13' da primeira metade. Este sería o último gol dos de José Luis Curiel. Foi no minuto 39 cando o cadro visitante estreou o seu marcador cun gol de José Ramón Caamaño, que igualaba o choque. O tanto da vitoria chegou na segunda parte de man de José Santórum no 64'. Finalmente, a un minuto do asubío final, David Falcón sumou un punto máis aos locais.
Consulta a acta do Juventud Cambados-Pontellas.
O Villalonga non logra plantarlle cara ao Cultural Areas na Lomba nun encontro que terminou cun 1-0 que lle daba os tres puntos ao conxunto de Ponteareas.
A pesar da derrota dos do Salnés, estes continúan estando por encima dos de Areas na clasificación cun punto de diferenza.
O gol da vitoria local chegou no minuto 14 da segunda parte de man de Alberto Castiñeira. Pola súa banda, os anfitrións do encontro tiveron que xogar o último minuto de partido cun home menos no campo, xa que Pablo Costas foi expulsado no 89' polo colexiado.
Consulta a acta do Cultural Areas-Villalonga.
O Grove logra impoñerse ao Velle nun choque directo que coloca ao conxunto de pontevedrés un posto por enriba na clasificación e cun punto máis que os de Ourense.
O primeiro en anotar foi o cadro visitante de man de Adrián Igrexas no 27' da primeira parte. Empatou o Velle a cinco minutos da finalización do primeiro tempo cunha acción de Alberto Camba. Os equipos fóronse cun empate aos vestiarios (1-1).
O seguinte en marcar foi Gabriel Losada no 59', o que lles otorga aos anfitrións unha vitoria provisional no marcador. Con todo, no 73', Fofana volveu igualar o restultado (2-2). O gol da vitoria visitante foi de Manuel Veiga a nove minutos da finalización do choque (2-3).
Consulta a acta do Velle-O Grove.
O Xuventú Sanxenxo non logrou levarse os tres puntos ante o décimo cuarto na clasificación de Preferente, o Atios. A pesar de tentalo durante os 90 minutos de xogo, o conxunto do Salnés, visitante en O Carballo, conformouse cun resultado en táboas froito dun choque moi igualado (3-3).
Os tantos dos pontevedreses foron anotados durante a segunda parte do encontro, despois de que os anfitrións marchasen aos vestiarios cun 2-0 debaixo do brazo. O primeiro foi de Alberto Pérez tres minutos despois do comezo da segunda metade (2-1). O segundo foi de Miguel Vilar no 58' e, finalmente, o gol do empate chegou no 86' cunha acción de Héctor Méndez ante a portería de Álvaro Gómez (3-3).