O Pontevedra B adestrado por Manu Fernández asegurouse matematicamente a permanencia na Rexional Preferente despois de empatar no campo do Verín (1-1), quedando a salvo na última xornada dos posibles arratres que se produzan dende a Terceira División.
O filial logrou adiantarse no marcador ao fío do descando grazas a Collazo, pero o equipo ourensano, que se xogaba a permanencia, logrou empatar xa na segunda metade. Aínda que os locais se envorcaron non foron capaces de volver perforar a meta defendida por Edu Sousa confirmando a repartición de puntos.
VERÍN CF (1): Edgar, Vicente (Kuki, min.40), Mario, Víctor Gallego, Unai, Dani, Camba, Beceiro (Capelas, min.45), Riveiro (Hugo, min.53), Beto, Eloy (Imanol, min.74).
PONTEVEDRA CF B (1): Edu Sousa, Uru, Bruno (Marou, min.90), Cristóbal Domínguez, Pacheco, Emilio, Víctor, Collazo (Dani Adán, min.72), Javi Pazos, Héctor (Pedro, min.76), Marwan (David, min.64).
Árbitro: Alberto Martínez (Ferrol). Amoestou aos locais Unai e Hugo e aos visitantes Bruno e Collazo.
Goles: 0-1 Collazo, min.44; 1-1 Camba, min.56.
Incidencias: Partido disputado no José Arjiz de Verín.